26 abr 2009

Coresma


¿Que é a coresma?  A Coresma é o tempo litúrxico de conversión, que marca a Igrexa para prepararnos á gran festa da Pascua. É tempo para arrepentirnos dos nosos pecados e de cambiar algo de nós para ser mellores e poder vivir máis cerca de Cristo. A Coresma dura 40 días; comenza o Mércores de Cinza e remata na Semana Santa. O longo deste tempo, sobre todo na liturxia do domingo, facemos un esforzo por recuperar o ritmo e estilo de verdadeiros crentes que debemos vivir como fillos de Deus. A cor litúrxica deste tempo é a morada que significa luto e penitencia. É un tempo de reflexión, de penitencia, de conversión espiritual; tempo de preparación ao misterio pascual. Na Coresma, Cristo invítanos a cambiar de vida. A Igrexa invítanos a vivir a Coresma como un camiño hacia Xesucristo, escoitando a Palabra de Deus, orando, compartindo co próximo e facendo obras boas. Invítanos a vivir una serie de actitudes cristiás que nos axudan a parecernos máis a Xesucristo, xa que pola acción do noso pecado, alonxámonos máis de Deus. Por iso, a Coresma é tempo de perdón e de reconciliación fraterna. Cada día, durante toda a vida, temos que alonxar dos nosos corazóns o odio, o rencor, a envexa, os celos que se opoñen ao noso amor a Deus e aos irmáns. Na Coresma, aprendemos a coñecer e apreciar a Cruz de Xesús. Con isto, aprendemos tamén a tomar a nosa cruz con alegría para alcanzar a gloria da resurrección.

No hay comentarios:

Publicar un comentario