A Coresma comenza o Mércores de Cinza (40 días antes do Domingo de Resurrección) e Xoves Santo antes da misa da Última Cea de Xesús cos seus apóstolos.
A duración de corenta días simboliza -entre outras cousas- o retiro de Xesús 40 días no deserto previo ao seu ministerio. Tamén simbolizan os 40 días que durou o diluvio, además dos 40 anos da marcha do pobo xudío polo deserto e os 400 anos que durou a estancia dos xudíos en Exipto. Ao longo deste tempo, os fieis católicos están chamados a reforzar a súa fe mediante diversos actos de penitencia e reflexión.
A Coresma ten cinco Domingos, máis o Domingo de Pasión ou de Ramos, e nas lecturas son dominantes os temas da conversión, o pecado, a penitencia e o perdón.
Non é un tempo triste, senon máis ben meditativo e recollido. É, por excelencia, o tempo de conversión e penitencia do ano litúrxico. Por eso, na Misa non se canta o Gloria ó final do acto penitencial (agás o Xoves Santo na misa da Cea do Señor), nin o Aleluia antes do Evanxeo.
A cor litúrxica asociada a este período é a morada.
Buscar este blog
Mostrando entradas con la etiqueta coresma. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta coresma. Mostrar todas las entradas
Coresma
¿Que é a coresma? A Coresma é o tempo litúrxico de conversión, que marca a Igrexa para prepararnos á gran festa da Pascua. É tempo para arrepentirnos dos nosos pecados e de cambiar algo de nós para ser mellores e poder vivir máis cerca de Cristo. A Coresma dura 40 días; comenza o Mércores de Cinza e remata na Semana Santa. O longo deste tempo, sobre todo na liturxia do domingo, facemos un esforzo por recuperar o ritmo e estilo de verdadeiros crentes que debemos vivir como fillos de Deus. A cor litúrxica deste tempo é a morada que significa luto e penitencia. É un tempo de reflexión, de penitencia, de conversión espiritual; tempo de preparación ao misterio pascual. Na Coresma, Cristo invítanos a cambiar de vida. A Igrexa invítanos a vivir a Coresma como un camiño hacia Xesucristo, escoitando a Palabra de Deus, orando, compartindo co próximo e facendo obras boas. Invítanos a vivir una serie de actitudes cristiás que nos axudan a parecernos máis a Xesucristo, xa que pola acción do noso pecado, alonxámonos máis de Deus. Por iso, a Coresma é tempo de perdón e de reconciliación fraterna. Cada día, durante toda a vida, temos que alonxar dos nosos corazóns o odio, o rencor, a envexa, os celos que se opoñen ao noso amor a Deus e aos irmáns. Na Coresma, aprendemos a coñecer e apreciar a Cruz de Xesús. Con isto, aprendemos tamén a tomar a nosa cruz con alegría para alcanzar a gloria da resurrección.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)