18 feb 2010

A coresma...

A Coresma comenza o Mércores de Cinza (40 días antes do Domingo de Resurrección) e Xoves Santo antes da misa da Última Cea de Xesús cos seus apóstolos.
A duración de corenta días simboliza -entre outras cousas- o retiro de Xesús 40 días no deserto previo ao seu ministerio. Tamén simbolizan os 40 días que durou o diluvio, además dos 40 anos da marcha do pobo xudío polo deserto e os 400 anos que durou a estancia dos xudíos en Exipto. Ao longo deste tempo, os fieis católicos están chamados a reforzar a súa fe mediante diversos actos de penitencia e reflexión.
A Coresma ten cinco Domingos, máis o Domingo de Pasión ou de Ramos, e nas lecturas son dominantes os temas da conversión, o pecado, a penitencia e o perdón.
Non é un tempo triste, senon máis ben meditativo e recollido. É, por excelencia, o tempo de conversión e penitencia do ano litúrxico. Por eso, na Misa non se canta o Gloria ó final do acto penitencial (agás o Xoves Santo na misa da Cea do Señor), nin o Aleluia antes do Evanxeo.
A cor litúrxica asociada a este período é a morada.


No hay comentarios:

Publicar un comentario