13 abr 2010

A Pascua

A pascua é a festa principal e máis antiga dos cristiáns. É o centro do ano litúrxico. Nela conmemórase a Resurrección de Xesucristo.

A data de celebración varía entre o 22 de marzo e o 25 de abril, xa que ten lugar o domingo siguinte á primeira lúa chea da primavera no hemisferio norte.
Esta festa determina o calendario móvil doutras festas: así a Ascensión (a subida de Xesús ó ceo) celébrase 40 días despois e Pentecoste 10 días despois da Ascensión.
A semana anterior á Pascua de Resurrección é a Semana Santa, que comenza o Domingo de Ramos (que conmemora a entrada triunfal de Xesús en Xerusalén).

No hay comentarios:

Publicar un comentario