Buscar este blog

Mostrando entradas con la etiqueta tempos litúrxicos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tempos litúrxicos. Mostrar todas las entradas

A coresma...

A Coresma comenza o Mércores de Cinza (40 días antes do Domingo de Resurrección) e Xoves Santo antes da misa da Última Cea de Xesús cos seus apóstolos.
A duración de corenta días simboliza -entre outras cousas- o retiro de Xesús 40 días no deserto previo ao seu ministerio. Tamén simbolizan os 40 días que durou o diluvio, además dos 40 anos da marcha do pobo xudío polo deserto e os 400 anos que durou a estancia dos xudíos en Exipto. Ao longo deste tempo, os fieis católicos están chamados a reforzar a súa fe mediante diversos actos de penitencia e reflexión.
A Coresma ten cinco Domingos, máis o Domingo de Pasión ou de Ramos, e nas lecturas son dominantes os temas da conversión, o pecado, a penitencia e o perdón.
Non é un tempo triste, senon máis ben meditativo e recollido. É, por excelencia, o tempo de conversión e penitencia do ano litúrxico. Por eso, na Misa non se canta o Gloria ó final do acto penitencial (agás o Xoves Santo na misa da Cea do Señor), nin o Aleluia antes do Evanxeo.
A cor litúrxica asociada a este período é a morada.


Por que a Semana Santa cambia de data cada ano?

A Pascua cristiá é a celebración central do ciclo litúrxico e os seus orixes están na Pascua xudía. O calendario xudío é lunar (ten 354 días e básase nas fases da lúa) mentras que o noso é solar. Non coinciden e así, os xudíos celebran o Venres Santo o 15 de Nisan e a Pascua o 17 de Nisan (fose ou non domingo)
No ano 325, o Concilio ecuménico de Nicea, determinou que a Pascua se celebrara en domingo, xa que Xesús históricamente resucitou o domingo e todos os domingos se celebra a fiesta da resurrección. Séculos despois definiuse a regla que se observa ata hoxe: a Pascua (domingo de Resurrección) celébrarase o primeiro domingo despois da primeira lúa chea da primavera. Por eso cae cada ano nunha data distinta dentro dun ciclo de 19. Esa data varía para os católicos entre o 22 de marzo e o 25 de abril e as outras festas movibles do calendario litúrxico calcúlanse en referencia a ela.

Advento

O pasado domingo, día 29, celebramos o primeiro domingo de advento. É este un tempo de espera, de preparación para celebrar o nacemento de Xesús, o noso Salvador. O símbolo deste tempo é a coroa de advento, unha coroa con catro candeas que se van acendendo cada un dos catro domingos que dura este tempo.

Coresma


¿Que é a coresma?  A Coresma é o tempo litúrxico de conversión, que marca a Igrexa para prepararnos á gran festa da Pascua. É tempo para arrepentirnos dos nosos pecados e de cambiar algo de nós para ser mellores e poder vivir máis cerca de Cristo. A Coresma dura 40 días; comenza o Mércores de Cinza e remata na Semana Santa. O longo deste tempo, sobre todo na liturxia do domingo, facemos un esforzo por recuperar o ritmo e estilo de verdadeiros crentes que debemos vivir como fillos de Deus. A cor litúrxica deste tempo é a morada que significa luto e penitencia. É un tempo de reflexión, de penitencia, de conversión espiritual; tempo de preparación ao misterio pascual. Na Coresma, Cristo invítanos a cambiar de vida. A Igrexa invítanos a vivir a Coresma como un camiño hacia Xesucristo, escoitando a Palabra de Deus, orando, compartindo co próximo e facendo obras boas. Invítanos a vivir una serie de actitudes cristiás que nos axudan a parecernos máis a Xesucristo, xa que pola acción do noso pecado, alonxámonos máis de Deus. Por iso, a Coresma é tempo de perdón e de reconciliación fraterna. Cada día, durante toda a vida, temos que alonxar dos nosos corazóns o odio, o rencor, a envexa, os celos que se opoñen ao noso amor a Deus e aos irmáns. Na Coresma, aprendemos a coñecer e apreciar a Cruz de Xesús. Con isto, aprendemos tamén a tomar a nosa cruz con alegría para alcanzar a gloria da resurrección.